--
Original Message --
From: Benedicto García Villar
Professor en Santiago de Compostela
e amigo de José Afonso
To: cdlisbondanceco@mail.telepac.pt
Sent: Tuesday, January 02, 2001 6:26 PM
Subject: Opinião
O ZECA E A PROPOSTA DA C.D.L.
...
o traballo da C.D.L. - "Na abertura do Horizonte - a cidade da
utopia" é sorprendente
pois
consegue no profano,
nas linguaxes da danza (como é o meu caso) poñer en acción
moitos
resortes, sobre todo os máis internos.
Desde
os creadores da proposta ata os membros do corpo de baile, pasando por
unha
composición
coreográfica e escénica e de luces impecables e, como non, unha
afortunada
e
moi ben secuenciada selección musical, todo contribúe xustamenete a iso,
a iso tan difícil
do
"todo", da unidade completa.
Non
é só un espectáculo con música acertada ou unha versión en danza da
música de
José
Afonso / Filhos da Madrugada, Carlos Paredes e Rodrigo Leão.
É a contribución orgánica, unitaria, para tocar armónica e
armoniosamente nas mesmas
febras
sensibles. Ó final un non sabe -¿importa algo?- se astá asistindo a un
acercamento
ó
mundo da danza desde o Zeca ou a un descubrimento do Zeca desde o mundo da
danza.
De calquera xeito son os dous felices enfoques para prestarlle a atención
que eu coido que merece.
Quédanos esperar sexan criadas as condicións para que a estrea absoluta
deste espectáculo,
dedicado
a José Afonso, teña lugar nos próximos meses en Santiago de Compostela
e sexa
presentado
noutras cidades de Galicia e do mundo, a quen o Zeca pertence.
Benedicto García Villar
--
Original Message --
From: xirimil@hotmail.com
To: cdlisbondanceco@mail.telepac.pt
Sent: Thursday, January 04, 2001 5:30 PM
Subject: Comentario sobre "Na abertura do horizonte...."
Santiago
de Compostela , Nadal do 2000.
A
homenaxe a José Afonso da obra "Na Abertura do Horizonte -a cidade
da Utopía"
é un espectáculo cargado de emotividade que se desenvolve dentro
dunhaexquisita técnica
e sensibilidade da que os santiagueses tivemos a honra de ser os primeiros
en disfrutala. Dado que a Compañía de Dança de Lisboa tivo a
deferencia de ante estrenala no Teatro Principal de Santiago de Compostela
(dentro da programación de Compostela-2000) donde actuara tan ilustre e
querida persoa para os galegos. María
Dolores Mayán Rubio
codirectora da escola e compañía de danza "B. Studio"
Workshops Ensino de Técnicas de Dança
Iniciação / Intermédio - 2 grupos - 25 participantes